Translate

sábado, 30 de novembro de 2013

Cando As Illas se convertiron en Illas

   As mellores fotos da paixase non adoitan ser froito da casualidade. Normalmente, despois de varios intentos conseguimos a foto que tiñamos en mente. Para iso tentamos prever as condicións mais axeitadas co fin de lograr a imaxe que queremos. Por sorte, na internet existen moitos programas que nos axudan a saber o tempo que vai facer, o tipo nubes, a altura das ondas etc.
    Neste caso, a idea que tiña precisaba dunha marea alta e mais de certa altura das ondas, ademais de que o ceo acompañara. Pero cando cheguei decateime de que calculara mal a forza do mar: non podía achegarme as rochas e a praia desaparecera. Nestes casos hai que tratar de tirar proveito do que temos, e a falta dun primeiro plano, o que fixen foi xogar co movemento das ondas tentando trasmitir a sensanción de forza que tiña o mar ese día. Terei que voltar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario