Translate

mércores, 20 de novembro de 2013

Eiquí tamén hai faias


    
A mediados do Outono os faiais convértense nun lugar de peregrinación para moitos afeccionados a fotografía. Aínda que espallados por todo o norte da Península, en Galicia só se atopan no leste da provincia de Lugo. Adoitan formar pequenos bosques moi fragmentados, situados en abas moi costas e as mais das veces non forman faiais ¨puros¨ senón misturados con outras especies o que os fai menos doados de transitar e non tan fotoxenicos coma outros faiais máis coñecidos e case icónicos.
    Con todo, sempre se poden atopar motivos para perdernos con unha cámara e desfrutar das vivas cores que amosan nestas datas.







 
     


Ningún comentario:

Publicar un comentario