Translate

venres, 13 de decembro de 2013

O meandro do Selmo

  O meandro do Selmo é unha desas paraxes senlleiras que mesmo foi, hai uns anos, imaxe nos carteis de turismo de Galicia. Situado na raia de Lugo e León no máis fondo do Courel, o Selmo, tras esfragarse dende as alturas da serra e deixar algunhas fermosas fervenzas, tórcese nunha curva que abre a paixase, cousa non moi frecuente nestas terras de cumios e vales esgrevios. Para min esta vista amosa a beleza dunha paisaxe natural fortemente influída pola actividade humana. Extensas matogueiras, árbores de ribeira, soutos de castiros... Por sorte, aínda no chegaron as plantacións de árbores de cultivo que xa medran moi preto de aquí.



Nikon D600 20 mm. f 13. fusión de 2 imaxes

Ningún comentario:

Publicar un comentario