Translate

sábado, 13 de decembro de 2014

A Marronda

     A fraga da Marronda é un fermoso bosque moi preto de Lugo onde adoito perderme no outono. Moi pouco transitado, aínda non me atopei con ninguén, pódese atravesar por unha pista e chegar por un pequeno sendeiro ata unha fervenza. Dende aí en diante complícase, mais seguindo o regato pódense ver fermosos exemplares de faias, pouco comúns nos bosques de Galicia e algúns recunchos moi fotoxénicos. Aínda agardo que un día baixe a néboa e o cubra con ese ambiente máxico tan acaído para estes lugares.
Nikon D 600 21 mm f 11 2 seg.

Nikon D600  21 mm f 11 3 seg.

Nikon D 600 35 mm. f 11 1.3 seg.

Nikon D 600 24 mm. f 11 2.5 seg.

Nikon D 600 21 mm. f 11 1 seg.

Nikion D 600 35 mm. f 11 4 seg.

sábado, 22 de novembro de 2014

As Médulas



D600, 50 mm. f 11, 1/50 seg.
      Hai uns anos, unha das primeiras veces que fun facer fotos as Médulas, atopei esta vista que para min e das máis fermosas deste lugar. Desde entón voltei varias veces tentando captar  a mesmas luces da primeira vez, pero ata este ano non dei atopado un instante semellante e coas cores do outono no seu esplendor. De todos os xeitos cando as mirei no ordenador decateime das diferenzas. Aínda que case idénticas, tiven que forzar a composición e recurtar por abaixo por mor das pólas dunhas árbores que nestes anos medraron e impiden unha visión igual de ampla, ademais de que o ceo non é tan intenso.
     É imposible facer dúas veces a mesma foto, sempre hai que tirar proveito do momento que vai ser irrepetible.


Nikon d 80 52 mm. equivalente. f 13, 1/10  seg.
Nikon D600 50 mm. f 11. vel. 1/50 seg.




mércores, 12 de novembro de 2014

Dúas versións



    Cando chego a un lugar o primeiro que adoito facer é buscar as composicións que o momento permite. Hai que ter en conta a marea, a forza do mar, como esta o ceo... Se coñezo o lugar son  moito máis doadas de atopar. Neste caso xa tiña o lugar escollido so había que agardar a que o ceo encaixara co resto de elementos. A seguinte decisión era elixir  que tipo de sensación quería transmitir: algo estático co reflexo do ceo, ou o dinamismo do mar cos ronseis da auga. Penso que ésta e a opción máis axeitada.
Nikon D600 18 mm f 13 vel 0.5 seg, ISO 50

Nikon D600 18 mm f13 ISO 50 fusión de 2 imaxes

mércores, 1 de outubro de 2014

Pirineos

     Este verán tiven a sorte de poder facer unha pequena viaxe polos Pirineos franceses. Aínda que a miña intención era facer algunhas rutas pola zona próxima a Gavarnie e fotografar o impresionante circo, o tempo non deu para moito: algún día de choiva e moitas néboas que chegaban do norte todas as tardes. De tódolos xeitos, sempre se poden atopar alternativas e esto levoume a visitar algunas fervenzas próximas, facer andainas polas fragas da zona e, malía non poder facer as fotos de Gavarnie coas luces que todos desexamos, si que gocei dun ambiente húmido e fresco moi propio do  norte dos Pirineos. Aínda así, sempre se pode  tratar de reflectir as sensacións do momento e captar eses instantes a pesar de que  non sexan todo o espectaculares que quixéramos.


Nikon D600. f13. vel 1/10. 32 mm.

Nikon D600. f10. vel 1seg. 31 mm.

Nikon D600. f 13. vel 0,4 seg. 22 mm.

Nikon D600. f 13. vel 0,5 seg. 35 mm



























venres, 19 de setembro de 2014

Unha tarde diferente


    A tarde que fixen estas fotos, a miña intención era aporveitar a baixamar e tratar de fotografar os arquifamosos arcos das catedrais con un ceo de tormenta, pero  non me dei achegado a eles, sempre hai que contar con que o nivel de area nas praias cambia e nesta ocasión era mais baixo do que lembraba. Malia a pequena decepción e despois de varias trombas de auga, tentei de buscar outras composicións.  Neste caso, as pequenas rochas que aparecen coa marea e o ceo tan fermoso, aínda que cambiante, daban para moitas imaxes. A cuestión era decidir que sensación transmitir, o movemento e a tensión no mar e o ceo, ou  un mar  máis calmo que contrastara co amenazante fondo. 
     Ao final fixen algo de todo.  Cuestión de gustos.
Nikon D600, 18 mm. f13, 1 seg,
Nikon D600, 22mm. f11, 0,4 seg

Nikon D600. 28 mm. f13, 4seg.
Nikon D600. 35mm. f13. 2,5 seg

mércores, 3 de setembro de 2014

Entre Ortegal e Bares II: A Pena Furada.

   A Pena furada e unha das rochas máis impresionantes da costa galega. É un gran penedo que sobresae nunha zona de cantís e grandes rochas. Teñome achegado moitas veces tratando de captar unha imaxe que amose a sensación de forza que transmite este lugar, pero aínda non teño feito unha fotografía que me convenza totalmente. Quizais porque nas composición frontais e máis próximas a rocha solapase con fondo do cabo Ortegal ou porque os días de marusía non e doado achegarse e colocarse nun  lugar axeitado para a composición que busco.




domingo, 10 de agosto de 2014

Orquídeas de Galicia

     As orquídeas son unha das familias de plantas máis numerosas e espalladas do mundo. Aínda que en Galicia non son tan abondosas coma noutras partes da península,  pódense ver en case todo o país, malia que algunhas das especies máis rechamantes, coma as do xénero ophryx, so se atópan nunha  reducida área  do extremo suleste, onde aparecen as rochas calizas, ademais de  nalgunhas zonas dunares das praias do norte. Son estas "herbas abelleiras" as mais curiosas pola sua imitación da forma destes insectos.
     Non pretendo ser exahustivo, nin científico. As imaxes que amoso  teñen para min un interese estético ou fotográfico sen máis.
cephalanthera rubra

Dactylorhiza maculata

Ophryx scolopax

Ophryx scolopax

Orchis pupurea

martes, 1 de xullo de 2014

Primavera no mar.

  
  Coa chegada da primavera tamén se pode ver verdecer as paixases marinas. Na baixamar as rocas amosan a cor verde das algas cas cubren. Podense ver moitos tipos de algas pero algunahas delas teñen un verde moi vivo e rechamante que da unha posibilidade de atopar novas composicións e engadir cor as paisaxes que noutras épocas do ano aparecen mais esmorecidas. 
      A foto é de unha praia da costa de Lugo, que so e accesible na baixamar.
nikon D600 f13, 17 mm fusión de 3 imaxes

martes, 17 de xuño de 2014

Achados.

     As máis das veces cando imos fotrografar un sitio xa temos información deste. Lugares coñecidos, rutas, imaxes que xa vimos. Outras veces nos paseos tentamos atopar novas perspectivas ou recantos que non viramos antes. As veces neste vagar temos sorte e damos de imprevisto con un lugar descoñecido e fermoso. Esto sucede de raro en raro máis cando pasa todo o esforzo pasado paga a pena. 
    Esta pequena fervenza atopeina cando ía a procura de outros saltos, que pensaba estaban preto dunha ruta moi coñecida. Foi un achado afortunado, mais din que o que busca sempre atopa.


mércores, 4 de xuño de 2014

A máxia da néboa

    Percorrer unha fraga  envolto na néboa en unha das sensacións máis relaxantes que coñezo. A humidade o silencio i a atmosfera blanquecina e mesta non son doadas de reflectir nunha imaxe, por outra banda a néboa que esvaece o fondo, fae que as composicións sexan moito máis doadas nun lugar onde a profusión de elementos impide facer destacar algún deles entre a lea do bosque
     Estas fotos estan feitas na devesa da Rogueira, Unha desas fragas frondosas e encostas, onde atopar unha zona ordeada e despexada coma en outros faiais cantabricos e case imposible.



mércores, 21 de maio de 2014

Torrentes de Mácara.

    Os torretes de Mácara ou do Ulla son uns dos meus lugares fávoritos para ir pasear e fotografar. Nun curto traxecto o río Ulla, aínda xuvenil, baixa encaixado formando varias fervenzas e multiples saltos  rodeado por vexetación de ribeira mesturada con carballos i érbedos sobretodo. Aínda que nalgunhas das suas ladeiras "lucen" as matogueiras e tamén se poden ver eucaliptos nas suas beiras. Non e un traxecto sinxelo nin totalmente acondicionado. mais ben paga a pena  un pouco esforzo.


mércores, 30 de abril de 2014

O Algarve


    Na costa do Algarve sucédense longos areais, zonas húmidas, albufeiras e cantis de rochas sedimentarias. A natureza destas fai que a erosión do mar e dos acuiferos subterráneos converta moitas das praias en fermosas formacións de rochas, tuneis e covas. Un paraíso para o turista de sol e praia e un pracer para o fotógrafo que pode atopar moreas de motivos que captar nun paseo.

Nikon D600 16mm f13 1 seg.

Nikon D600 26 mm f13 1seg.
Nikon D600 16 mm fusión de 2 imaxes

martes, 8 de abril de 2014

Xa é primavera

    

    Aínda que nestas datas xa se poden ver moitas arbores con follas e os campos empezar a cubrirse de flores, nas partes máis altas do pais as árbores permanecen espidas, e a cor branca da neve cubre gran parte da paisaxe. Mais entre o pardo e o branco podese enxergar o rechamante amarelo dos narcisos, estas especies son das primeiras en florear  anunciando a chegada da primavera a montaña.
narcissus asturiensis

Narcissus pseudonarcissus

martes, 1 de abril de 2014

Entre Ortegal e Bares I


    A  costa entre Ortegal e Bares é unha das miñas zonas favoritas para a fotografía. Aquí, no recanto mais ao norte da Península, onde o Atlántico vai pasar a chamarse Cantábrico, sucédense abruptos cantís, areais case solitarios e de dificil acceso con longas e prácidas praias. Na parte mais esgrevia desta paisaxe atópanse algunhas penas de formas singulares moi fotoxénicas ás que volvo unha e outra vez, tratando de atopar ese intre no que a mar e o ceo as envolvan coa atmósfera que a mín me parece máis axeitada para estes lugares. Non é doado que coincidan, pero aínda así sempre é un pracer achegarse ata aquí, onde un se sinte tan cativo.




sábado, 22 de marzo de 2014

Lúa nos Ancares

      Estas son desas imaxes que se teñen na mente e que agardas que chegue o momento axeitado para facelas. Despois de un inverno con precipitacións abondosas e neve nos cumios, agardei hasta a lúa de Marzo para tentar sacar una imaxe panorámica dos Ancares coa lúa. Mais despois de 2 semanas de anticiclón, cando chegaron as datas, decateime de que a neve minguara moito e non atopaba bos primeiros planos, ademais os montes perderan gran parte do manto branco que eu dexeba captar. Con todo aínda tive a sorte de que algunhas nubes altas lle deran cor o ceo e pintaran o ambiente con ese matiz cálido que envolve toda a imaxe.



venres, 28 de febreiro de 2014

Distintos momentos, mismo lugar.

   Fotografiar, en este caso un paisaje, es "encuadrar" todo lo que estamos percibiendo en un momento, Extraer de un lugar lo que nos gusta y lo que nos sugiere, basicamente componer. Esto tiene unas reglas que se pueden aprender, pero al final es una decisión inmediata, en un sitio y en ese instante. Un mismo paisaje puede darnos imagenes muy diferentes y transmitir sensaciónes casi contradictorias, En gran parte depende de esas luces a veces tan esquivas y de los pequeños cambios en el entorno, pero en su mayor parte es fruto de la recreación que de el hacemos al "tomarlo" y reproducirlo en ese pequeño rectangulo que es la fotografía.
24 mm. f16. 0,8seg.
                                           
24mm f16. fusión de 2 imágenes


    


mércores, 12 de febreiro de 2014

Ondas do mar levado

     Teño que recoñecer que uns dos meus motivos fotográficos favoritos é o mar e moito máis se este está "levado". Os temporais son uns momentos espectaculares nos que podemos aproveitar para captar imaxes de forza e movemento. Tamén podemos xogar coas formas das ondas e buscar imaxes mais persoais. Todo é cousa de  paciencia, observación, xogar coas velocidades e sobre todo, pasalo ben sen arriscar.


f11 1/200 seg.

f 8.0  1/160 seg.

f 11 1/2000
f 5.0  0,4 seg
f11 1/250 seg.