Translate

mércores, 8 de xaneiro de 2014

Tráxico temporal

     O día de Reis achegueime a Punta Frouxeira para ver o temporal de ondas batendo contra os cantís. É un dos espectáculos naturais mais imponentes e Punta Frouxeira é un dos lugares onde mellor se pode contemplar. 
      Este temporal en concreto foi un dos mais fortes que puiden ver.  As ondas sacudían os cantis mesmo superando a altura da punta, que se eleva uns 40 metros sobre o mar. Nas fotos pódese ver como moitos curiosos  asomábanse preto do faro, e como algúns deles levaban un bo susto. Malia todo, para case todos foi unha xornada de abrallante espectáculo que só nos causou algunha molleira. Desgraciadamente para 3 persoas foi moito peor e un golpe de mar levounos das rochas. Unha traxedia que nos lembra o pouco que somos fronte a forza da natureza, e o moito que nun intre a mala sorte nos pode cambiar a vida. 












Ningún comentario:

Publicar un comentario