Translate

venres, 19 de setembro de 2014

Unha tarde diferente


    A tarde que fixen estas fotos, a miña intención era aporveitar a baixamar e tratar de fotografar os arquifamosos arcos das catedrais con un ceo de tormenta, pero  non me dei achegado a eles, sempre hai que contar con que o nivel de area nas praias cambia e nesta ocasión era mais baixo do que lembraba. Malia a pequena decepción e despois de varias trombas de auga, tentei de buscar outras composicións.  Neste caso, as pequenas rochas que aparecen coa marea e o ceo tan fermoso, aínda que cambiante, daban para moitas imaxes. A cuestión era decidir que sensación transmitir, o movemento e a tensión no mar e o ceo, ou  un mar  máis calmo que contrastara co amenazante fondo. 
     Ao final fixen algo de todo.  Cuestión de gustos.
Nikon D600, 18 mm. f13, 1 seg,
Nikon D600, 22mm. f11, 0,4 seg

Nikon D600. 28 mm. f13, 4seg.
Nikon D600. 35mm. f13. 2,5 seg

mércores, 3 de setembro de 2014

Entre Ortegal e Bares II: A Pena Furada.

   A Pena furada e unha das rochas máis impresionantes da costa galega. É un gran penedo que sobresae nunha zona de cantís e grandes rochas. Teñome achegado moitas veces tratando de captar unha imaxe que amose a sensación de forza que transmite este lugar, pero aínda non teño feito unha fotografía que me convenza totalmente. Quizais porque nas composición frontais e máis próximas a rocha solapase con fondo do cabo Ortegal ou porque os días de marusía non e doado achegarse e colocarse nun  lugar axeitado para a composición que busco.