Translate

mércores, 30 de abril de 2014

O Algarve


    Na costa do Algarve sucédense longos areais, zonas húmidas, albufeiras e cantis de rochas sedimentarias. A natureza destas fai que a erosión do mar e dos acuiferos subterráneos converta moitas das praias en fermosas formacións de rochas, tuneis e covas. Un paraíso para o turista de sol e praia e un pracer para o fotógrafo que pode atopar moreas de motivos que captar nun paseo.

Nikon D600 16mm f13 1 seg.

Nikon D600 26 mm f13 1seg.
Nikon D600 16 mm fusión de 2 imaxes

martes, 8 de abril de 2014

Xa é primavera

    

    Aínda que nestas datas xa se poden ver moitas arbores con follas e os campos empezar a cubrirse de flores, nas partes máis altas do pais as árbores permanecen espidas, e a cor branca da neve cubre gran parte da paisaxe. Mais entre o pardo e o branco podese enxergar o rechamante amarelo dos narcisos, estas especies son das primeiras en florear  anunciando a chegada da primavera a montaña.
narcissus asturiensis

Narcissus pseudonarcissus

martes, 1 de abril de 2014

Entre Ortegal e Bares I


    A  costa entre Ortegal e Bares é unha das miñas zonas favoritas para a fotografía. Aquí, no recanto mais ao norte da Península, onde o Atlántico vai pasar a chamarse Cantábrico, sucédense abruptos cantís, areais case solitarios e de dificil acceso con longas e prácidas praias. Na parte mais esgrevia desta paisaxe atópanse algunhas penas de formas singulares moi fotoxénicas ás que volvo unha e outra vez, tratando de atopar ese intre no que a mar e o ceo as envolvan coa atmósfera que a mín me parece máis axeitada para estes lugares. Non é doado que coincidan, pero aínda así sempre é un pracer achegarse ata aquí, onde un se sinte tan cativo.