Translate

luns, 28 de decembro de 2015

Pola beira do Miño

     Neste outono seco e cálido, as cores do outono prolongáronse algo máis do habitual. A mediados de decembro moitas árbores aínda conservaban as follas. Por sorte as néboas, tan frecuentes no Miño, chegaron por fin dandolle ese ambiente tan acaído ao outono e tan máxico no bosque. (Premer sobre as imaxes para ampliar)
Nikon D 600 50 mm f 14 0.8 seg

Nikon D 600 50 mm f 13 6.0 seg. filtro ND

Nikon D 600 105 mm f 11 8 seg,  filtro ND

Nikon D 600 105 mm f 11 8 seg. filtro ND

Nikon D 600 50 mm f 11 2 seg.

mércores, 9 de decembro de 2015

Fervenzas do Rego da Palanca

      No concello de Aranga, agochadas nun pequeno rego que un pouquiño máis abaixo verte no Cambás (afluente do Mandeo) sucédense varias fervenzas no medio dunha fermosa e non moi alterada fraga: a fraga das Barbudas. A fervenza das fotos é a máis importante, por enriba desta hai outra máis pequena e outra augas abaixo. Tamén chegueí a albiscar outra na zona máis alta, pero non me foi posible fotografala en condicións polo inzado   do terreo. A ruta que as percorre é un bonito camiño polo medio dun bo exemplo de fraga atlántica, pero como case sempre nestas terras, o rio é captado por  uha central hidroeléctrica, e como non podia ser menos, está no medio dun tecor, esa figura que permite que case todos os nosos montes sexan de aproveitamento cinexético, que o convirte en territorio perigoso para o camiñante no outono.
 (Premer nas imaxes para amplialas).

 
Nikon D600 16-85 f11 1.3 seg.

Nikon D600 16-85 f11 1seg.

mércores, 25 de novembro de 2015

O val do rio Pequeno.

       Este pequeno val do Courel é un dos lugares que mais teño fotografado. Os seus escasos dez kilómetros de percorrido son coma un compendio das paisaxes do lugar: prados e leiras, extensos soutos, bosque de ribeira...e nas abas da serra, a devesa da Escrita. Coa chegada do outono toda a zona  cóbrese de rechamantes cores. A grande variedade de árbores fai  complicado estar no momento xusto na que a maioría delas mudaron de cor. Moitas veces algunhas aínda teñen as follas verdes mentres outras xa as perderon. Nunha ocasión tiven a sorte de poder disfrutar dunha pequena nevarada nos cumios da serra cando o val refulxía de cor.
(Premer nas imaxes para amplialas)








venres, 13 de novembro de 2015

As Médulas en outono.

      Case todos os outonos adoito facer unha visita ás Médulas. É unha desas paisaxes senlleiras que todos queremos ter na nosa colección de postais, e máis nestas datas nas que a  cor dos castiñeiros lles da un ambiente especial. Ese día non tiña moito tempo, polo que decidín ir ao seguro: a  clásica visión dende o miradoiro de Orellán. A luz e o ceo acompañaron e só tiven que decidir si vertical ou horizontal. 
       Non son  imaxes moi orixinais, máis unhas  veces é tempo para a creatividade e outras para captar o instante.

Nikon D600. 16-85. f13. fusión de 2 imaxes

Nikon D600. 16-85. f13. fusión de 2 imaxes
Nikon D600. 16-85. f13. fusión de 2 imaxes
 (premer sobre as imaxes para ampliar).

mércores, 30 de setembro de 2015

Fotografiar devagar. Solpor en Campelo

   
     Teño que recoñecer que non son dos fotografos quedos aínda que teña prevista a fotografía que quero facer. Cando chega o momento adoito moverme moito, tratando de atopar diferentes composicións malia que sexan moi semellantes. As veces é provocado pola propia dinámica do lugar.  Nas fotos da costa, o movemento das nubes, a forza das ondas e a propia marea, fai que moitas veces o que 10 minutos antes parecía o lugar axeitado, deixe de selo e teña que buscar outro sitio. Si amais o momento é interesante e fuxidío e non tes alternativa prevista, pódese estragar unha boa sesión. Por sorte, este non foi o caso: a maxia da luz durou o suficiente como para permitir gozar dunha tarde fermosa  sen ter que choutar entre as rochas.

Nikon d 600. 18-35. f13. 1/6 seg.


Nikon d 600. 18-35. f13. 1/6 seg.

Nikon d 600. 18-35. f11. 1/10 seg.

luns, 14 de setembro de 2015

Ibón Plan

        O ibón de Plan ou de Bassa da Mora é unha das paisaxes senlleiras dos Pirineos. É un deses sitios dos que se poden ver moreas de imaxes na rede dos moitos visitantes que por alí pasamos. O dificil destes lugares é ter unha visión persoal non mediada por todas esas  fotografías que xa se fixeron con máis ou menos xeito. Tampouco é moi doado dar cunha composición diferente: o lugar imponse e hai unha visión que pola súa beleza é a que aparece en todas as imaxes. 
      Nestes casos, o único que diferencia unhas fotos doutras, é o momento  no que están feitas e a habelencia técnica do fotógrafo para captalo. Quizais a orixinalidade na fotografía da paisaxe sexa unha das cousas  máis buscadas e máis dificil de atopar neste tempo no que, ou eres un aventureiro para dar con paraxes inéditas, ou un artista que crea imaxes alonxadas da visión "natural".

Nikon D600 16-35 f13 0,8 seg. filtro ND

Nikon D600 16-35 f13 1.3 seg filtro ND

AñadiNikon D600 16-35 f13 1.3 seg filtro ND

mércores, 29 de xullo de 2015

Seres

     Disque se camiñas devagar e silandeiro polas fragas, mirando con atención, podes albiscar algún deses seres esquivos que aínda habitan no máis fondo da imaxinación.




luns, 6 de xullo de 2015

A néboa no Faial. Pola devesa de Fonteformosa.

       Camiñar polo bosque un día de néboa mesta, é unha das sensacións máis fermosas que se pode experimentar. Fotográficamente tambén é moi interenante, Os fondos difuminanse, as composicións son mais sinxelas e directas, e o ambiente húmido e fresco transmite unha sensación moi propia dos bosques atlanticos.  Estas fotos foron feitas na devesa de Fonteformosa no concello do Cebreiro. Un pequeno faial de árbores altas e rectas. O dificil aquí foi acadar unha boa composición xa que  as faias son moi similares e a pendente non axuda, e por riba o regato que a percorre casi non levaba auga. Cando menos queda a lembranza do paseo.



mércores, 10 de xuño de 2015

A Mexadoira.

    Esta pequena fervenza atopase nun pequeno recuncho do concello de Meira. O acceso non é complicado, está na ruta do Miño ao Eo e ainda que pendente esta ben acondicionado. O que máis me gusta é forma da súa caida,  unha fina cortina de auga. Ten o encanto dos pequenos e húmidos recantos que ainda abondan por estas terras, malia estaren cercados polas plantacións de piñeiros i eucaliptos.
Nikon D 600 16-35 f 11 vel 0.5 seg.


Nikon D 600 16-35 f 11 vel 0.5 seg.




Nikon D 600 16-35 f 11 vel 0.5 seg.

mércores, 27 de maio de 2015

Seimeira de Os Oscos

    Cando chega a primavera e os bosques empezan a verdecer é o momento que máis me gusta para ir visitar as fervenzas. Sempre agardo que teñan un bo caudal de auga e todas as árbores teñan follas coa cor verde clara dos comezos. Si ademais o ambiente e húmido moito mellor.
    Esta seimeira, como por esta zona se lles chama, é moi interesante, non só pola forma da sua caída e a contorna, senón pola posibilidade de arrodeala e ir vendo cómo varía de forma, ofrecéndonos moitas composicións diferentes. Estas son só algunhas delas.
Nikon D600 16-35 fusión de 2 imáxes

Nikon D 600 16-35 f 13. vel. 1/6 seg.

Nikon D 600 16-35 f 11 Vel.1/4 seg.

Nikon D 600 16-35 f 13. vel 1/5 seg.

mércores, 22 de abril de 2015

Reflexión sobre uns reflexos

    Cando nos iniciamos nunha actividade, neste caso na fotografía, temos que percorrer un camiño de aprendizaxe. Empezamos por coñecer as técnicas, asimilar os conceptos, e descubrimos a forma de expresarse dos profesionais ou expertos. De un xeito máis ou menos sistemático avanzamos probando as cousas que imos descubrindo, e repetindo aquelo que nos gusta. Neste camiño a maioria dos afeccionados acabamos sendo meros repetidores, algúns chegan a facelo de un modo máis persoal ou con mellor fortuna. Só uns poucos fan cousas realmente novas, abren camiños. Unha desas ideas é o uso dos reflexos na fotografía, Non pasa de ser algo que case todo o mundo usa alguna vez nas súas imaxes, unha técnica da "adolescencia" dos fotografos. A cuestión é o exito no seu uso, ou a capacidade dos  fotografos que realmente "maduraron", de abandoar o seu "estilo", e voltar a infancia ou a adolescencia sen deixaren de ser adultos.
     Estas fotos estan feitas nunha pequena lagoa de Lugo, xogando coa forma dos xuncos.
Nikon D90  80-400 f /8.0 1/25


Nikon D90 105 mm f/8.0 1/5
Nikon D 90 80-400 f /5,3. 1/15

Nikon D 90 80-400 f 8.0. 1/10

mércores, 25 de marzo de 2015

Entre Ortegal e Bares IV.

      As primeiras veces que baixei a esta praia, a miña idea era facer unha fotografía das rochas do fondo. O problema era a perspectiva: a que máis me gostaba era a frontal coas tres rochas, pero os primeiros planos escaseaban ou non lles chegaba a marea. Cando atopei esta rocha de forma circular (que para o meu gusto encaixaba ben coa forma triangular dos penedos) o problema era que desde este lado, o mar entra de esquerda a dereita, e non atopaba a forma de darlle continuidade á composición entre as rochas e o fluxo do mar. Despois de moitas fotos apenas teño algunha que me convenza. 
 
Nikon D600 50 mm. f13. 1/20 seg.
       



Ata que un día  encarei outra rocha e "aparaceuseme" estoutra composición, que podía darlle mais portagonismo á forza do mar. Aínda así, seguía parecéndome que había un gran espazo baleiro entre as dúas rochas.  Por sorte un día de choiva e ceos grises, deu en aparecer unha razada que fixo que a composción se completara.

Nikon D600 16- 35  f13 1/4 seg
Nikon D 600 16-35 f 11 0.5 seg.

mércores, 11 de marzo de 2015

A lúa nos Ancares (revisitada)

       Este e un dos meus miradoiros favoritos dos Ancares. Adoito achegarme a él no inverno, non e dificil chegar, e nos días de lúa podese ver a súa saída sobre os cúmios. Este ano tiven a sorte de que tivera nevado máis recentemente, o problema foi que eses días as temperaturas subiran, e as tardes case non quedaba xeo nas polas das árbores o que lle quitaba parte do ambiente frío que queria reflectir. Por outra banda escollín ese día no que a lúa saía antes do solpor para que estivera alta no ceo, o problema e que dese xeito perde parte do protagonismo por verse maís pequena. Terei que probar esas fotos a próxima vez

Nikon D600 16-35 f 13 1/25 seg.

Nikon D600 16-35 f13 1/25 seg.
Nikon D 600 50mm f 13 1/8 seg

Nikon D600 80-400 f 13 1/15

domingo, 15 de febreiro de 2015

Camiñada polo Cebreiro.

     Ser afeccionado á fotografía da natureza, no meu caso sobretodo á da paisaxe, conleva ter que saír da casa, as máis das veces conducir bastantes kilómetros e facer boas camiñadas para ao final volver sen facer unha foto que che convenza. Supoño que para que non sexa unha afección efímera ten que vir precedida de un gusto pola natureza  que compense o frío, as molladuras, e a frustación de ver que non hai unha foto boa en toda a tarxeta de memoria. Eso foi, máis o menos, o que me pasou este día de frío polo Cebreiro, no que as espectativas dun ceo "potente" para acompanar a paisaxe nevada quedáronse a medias. Polo menos puiden gozar dun  fermoso paseo pola neve.
Nikon D 600 16-35. fusión 2 imaxes

Nikon D 600 16-35 f 13 1/40

Nikon D 600 16-35 f 13 1/50



 

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Entre Ortegal e Bares III: Noite de Luar.

    Unha das cousas máis complicadas na fotografía da paisaxe é captar instantes especiais. Eses intres no que todo parece axeitarse, e que fan que unha foto teña algo "máxico", diferente ao que poderíamos captar en calquera momento que nos achegaramos ao mesmo lugar. Ese día foi un dos poucos do ano no que a lúa chea se pode incluir na composición. Ademais, aínda que a altura da marea non era a mellor, a forza da ondaxe facía que a auga cubrira a composición por momentos. Con todo, sempre hai que contar co inesperado e cando xa parecía que o día remataba, o ceo deu en refulxir e inundou a paisaxe cunha luz vermella que lle deu  o toque "máxico" as imaxes.
Nikon D 600 30 mm. f 13. 0,6 seg.

Nikon D 600  35 mm. f 13. 8 seg.

domingo, 11 de xaneiro de 2015

Xogando cas formas.

     Uns dos exercicios fotográficos máis difíciles pero tamén máis estimulantes é crear imaxes con certo grado de abstracción, imaxes nas que non hai un lugar recoñecible.          
    Nestes casos, o mais importante é tratar de captar a atención cun xogo de luces e formas no canto dunha árbore, dunha fervenza... As máis das veces quedan imaxes sen impacto, que non din nada ás olladas afeitas as paixases máis "figurativas". O obxectivo nestes casos é acadar, con poucos e pequenos elementos, a forza para que unha imaxe teña valor por si mesma e non tanto polo impresionante do lugar onde estea feita.
Nikon D600 32 mm. f 13. 1/13 seg.

Nikon D 600 35 mm. f 13. 1/100.

Nikon D600 32 mm. f13. 1/200.

Nikon D600. 31 mm.  f14. 1/15 seg