Translate

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Entre Ortegal e Bares III: Noite de Luar.

    Unha das cousas máis complicadas na fotografía da paisaxe é captar instantes especiais. Eses intres no que todo parece axeitarse, e que fan que unha foto teña algo "máxico", diferente ao que poderíamos captar en calquera momento que nos achegaramos ao mesmo lugar. Ese día foi un dos poucos do ano no que a lúa chea se pode incluir na composición. Ademais, aínda que a altura da marea non era a mellor, a forza da ondaxe facía que a auga cubrira a composición por momentos. Con todo, sempre hai que contar co inesperado e cando xa parecía que o día remataba, o ceo deu en refulxir e inundou a paisaxe cunha luz vermella que lle deu  o toque "máxico" as imaxes.
Nikon D 600 30 mm. f 13. 0,6 seg.

Nikon D 600  35 mm. f 13. 8 seg.

domingo, 11 de xaneiro de 2015

Xogando cas formas.

     Uns dos exercicios fotográficos máis difíciles pero tamén máis estimulantes é crear imaxes con certo grado de abstracción, imaxes nas que non hai un lugar recoñecible.          
    Nestes casos, o mais importante é tratar de captar a atención cun xogo de luces e formas no canto dunha árbore, dunha fervenza... As máis das veces quedan imaxes sen impacto, que non din nada ás olladas afeitas as paixases máis "figurativas". O obxectivo nestes casos é acadar, con poucos e pequenos elementos, a forza para que unha imaxe teña valor por si mesma e non tanto polo impresionante do lugar onde estea feita.
Nikon D600 32 mm. f 13. 1/13 seg.

Nikon D 600 35 mm. f 13. 1/100.

Nikon D600 32 mm. f13. 1/200.

Nikon D600. 31 mm.  f14. 1/15 seg