Translate

mércores, 25 de marzo de 2015

Entre Ortegal e Bares IV.

      As primeiras veces que baixei a esta praia, a miña idea era facer unha fotografía das rochas do fondo. O problema era a perspectiva: a que máis me gostaba era a frontal coas tres rochas, pero os primeiros planos escaseaban ou non lles chegaba a marea. Cando atopei esta rocha de forma circular (que para o meu gusto encaixaba ben coa forma triangular dos penedos) o problema era que desde este lado, o mar entra de esquerda a dereita, e non atopaba a forma de darlle continuidade á composición entre as rochas e o fluxo do mar. Despois de moitas fotos apenas teño algunha que me convenza. 
 
Nikon D600 50 mm. f13. 1/20 seg.
       



Ata que un día  encarei outra rocha e "aparaceuseme" estoutra composición, que podía darlle mais portagonismo á forza do mar. Aínda así, seguía parecéndome que había un gran espazo baleiro entre as dúas rochas.  Por sorte un día de choiva e ceos grises, deu en aparecer unha razada que fixo que a composción se completara.

Nikon D600 16- 35  f13 1/4 seg
Nikon D 600 16-35 f 11 0.5 seg.

mércores, 11 de marzo de 2015

A lúa nos Ancares (revisitada)

       Este e un dos meus miradoiros favoritos dos Ancares. Adoito achegarme a él no inverno, non e dificil chegar, e nos días de lúa podese ver a súa saída sobre os cúmios. Este ano tiven a sorte de que tivera nevado máis recentemente, o problema foi que eses días as temperaturas subiran, e as tardes case non quedaba xeo nas polas das árbores o que lle quitaba parte do ambiente frío que queria reflectir. Por outra banda escollín ese día no que a lúa saía antes do solpor para que estivera alta no ceo, o problema e que dese xeito perde parte do protagonismo por verse maís pequena. Terei que probar esas fotos a próxima vez

Nikon D600 16-35 f 13 1/25 seg.

Nikon D600 16-35 f13 1/25 seg.
Nikon D 600 50mm f 13 1/8 seg

Nikon D600 80-400 f 13 1/15