Cando nos iniciamos nunha actividade, neste caso na fotografía, temos que percorrer un camiño de aprendizaxe. Empezamos por coñecer as técnicas, asimilar os conceptos, e descubrimos a forma de expresarse dos profesionais ou expertos. De un xeito máis ou menos sistemático avanzamos probando as cousas que imos descubrindo, e repetindo aquelo que nos gusta. Neste camiño a maioria dos afeccionados acabamos sendo meros repetidores, algúns chegan a facelo de un modo máis persoal ou con mellor fortuna. Só uns poucos fan cousas realmente novas, abren camiños. Unha desas ideas é o uso dos reflexos na fotografía, Non pasa de ser algo que case todo o mundo usa alguna vez nas súas imaxes, unha técnica da "adolescencia" dos fotografos. A cuestión é o exito no seu uso, ou a capacidade dos fotografos que realmente "maduraron", de abandoar o seu "estilo", e voltar a infancia ou a adolescencia sen deixaren de ser adultos.
Estas fotos estan feitas nunha pequena lagoa de Lugo, xogando coa forma dos xuncos.
|
Nikon D90 80-400 f /8.0 1/25 |
|
Nikon D90 105 mm f/8.0 1/5 |
|
Nikon D 90 80-400 f /5,3. 1/15 |
|
Nikon D 90 80-400 f 8.0. 1/10 |