Translate

mércores, 30 de setembro de 2015

Fotografiar devagar. Solpor en Campelo

   
     Teño que recoñecer que non son dos fotografos quedos aínda que teña prevista a fotografía que quero facer. Cando chega o momento adoito moverme moito, tratando de atopar diferentes composicións malia que sexan moi semellantes. As veces é provocado pola propia dinámica do lugar.  Nas fotos da costa, o movemento das nubes, a forza das ondas e a propia marea, fai que moitas veces o que 10 minutos antes parecía o lugar axeitado, deixe de selo e teña que buscar outro sitio. Si amais o momento é interesante e fuxidío e non tes alternativa prevista, pódese estragar unha boa sesión. Por sorte, este non foi o caso: a maxia da luz durou o suficiente como para permitir gozar dunha tarde fermosa  sen ter que choutar entre as rochas.

Nikon d 600. 18-35. f13. 1/6 seg.


Nikon d 600. 18-35. f13. 1/6 seg.

Nikon d 600. 18-35. f11. 1/10 seg.

luns, 14 de setembro de 2015

Ibón Plan

        O ibón de Plan ou de Bassa da Mora é unha das paisaxes senlleiras dos Pirineos. É un deses sitios dos que se poden ver moreas de imaxes na rede dos moitos visitantes que por alí pasamos. O dificil destes lugares é ter unha visión persoal non mediada por todas esas  fotografías que xa se fixeron con máis ou menos xeito. Tampouco é moi doado dar cunha composición diferente: o lugar imponse e hai unha visión que pola súa beleza é a que aparece en todas as imaxes. 
      Nestes casos, o único que diferencia unhas fotos doutras, é o momento  no que están feitas e a habelencia técnica do fotógrafo para captalo. Quizais a orixinalidade na fotografía da paisaxe sexa unha das cousas  máis buscadas e máis dificil de atopar neste tempo no que, ou eres un aventureiro para dar con paraxes inéditas, ou un artista que crea imaxes alonxadas da visión "natural".

Nikon D600 16-35 f13 0,8 seg. filtro ND

Nikon D600 16-35 f13 1.3 seg filtro ND

AñadiNikon D600 16-35 f13 1.3 seg filtro ND