Translate

mércores, 25 de novembro de 2015

O val do rio Pequeno.

       Este pequeno val do Courel é un dos lugares que mais teño fotografado. Os seus escasos dez kilómetros de percorrido son coma un compendio das paisaxes do lugar: prados e leiras, extensos soutos, bosque de ribeira...e nas abas da serra, a devesa da Escrita. Coa chegada do outono toda a zona  cóbrese de rechamantes cores. A grande variedade de árbores fai  complicado estar no momento xusto na que a maioría delas mudaron de cor. Moitas veces algunhas aínda teñen as follas verdes mentres outras xa as perderon. Nunha ocasión tiven a sorte de poder disfrutar dunha pequena nevarada nos cumios da serra cando o val refulxía de cor.
(Premer nas imaxes para amplialas)








venres, 13 de novembro de 2015

As Médulas en outono.

      Case todos os outonos adoito facer unha visita ás Médulas. É unha desas paisaxes senlleiras que todos queremos ter na nosa colección de postais, e máis nestas datas nas que a  cor dos castiñeiros lles da un ambiente especial. Ese día non tiña moito tempo, polo que decidín ir ao seguro: a  clásica visión dende o miradoiro de Orellán. A luz e o ceo acompañaron e só tiven que decidir si vertical ou horizontal. 
       Non son  imaxes moi orixinais, máis unhas  veces é tempo para a creatividade e outras para captar o instante.

Nikon D600. 16-85. f13. fusión de 2 imaxes

Nikon D600. 16-85. f13. fusión de 2 imaxes
Nikon D600. 16-85. f13. fusión de 2 imaxes
 (premer sobre as imaxes para ampliar).