Translate

mércores, 20 de abril de 2016

Chega a primavera

      Chega a primavera e empezan a abrollar as árbores. Nos vales dos rios das zonas a menor altitud empezanse a ver a cores rechamantes das primeiras follas. Agochadas  neses recantos sempre se pode atopar algunha fervenza que coas choivas destas datas luce os seus mellores veos.
     

Fervenza do Lexoso na Mariña. (Premer nas imaxes para ampliar)


domingo, 3 de abril de 2016

Impresións

    Cando saín este día a imaxe que tiña en mente era moi diferente da que ao final resultou. Supoño que esto pasa decotío.  Como a fotografía da paisaxe depende de que os elementos "encaixen" e nesta ocasíon o tempo non se prestou, tiven que cambiar de idea. O que se me ocurreu nese intre foi captar a sensación de soídade e friaxe que transmitía o lugar. Xogando coas formas tratei de simplificar a composición  Aínda así, pareciame que lle faltaba algo, e pensei en  captar o movemento, o que me levou a deixar que a imaxe fora cada vez mais difusa, ata chegar a última que non é  unha imaxe moi ortodoxa técnicamente pero que é, para mín, a que reflicte con máis forza a sensación que eu quería transmitir. Supoño que as veces esquecerse ou retorcer  a  técnica é o mellor camiño para acadar o que importa: unha imaxe interesante. Pero este camiño xa o teñen percorrido moitos antes...