Translate

mércores, 29 de xuño de 2016

Tempo de flores

     Finais da primavera na montaña e tempo de frores.  Achegueime a este pequeno campo para ver como florecian os matos de erodium glandulosum e tratar de facerlles algunha fotografía, pero o vento era forte de máis para conseguir algun macro decente. Logo de choutar un pouquiño, pareime e decateime de que as nubes baixas deixaban pasar, de cando en vez, algunha raiola. Tocaba cambiar o obxectivo e aproveitar o momento.
(Premer nas imaxes para ampliar)



 

mércores, 8 de xuño de 2016

A Mexota

      Son moitas as veces que teño baixado a esta praia, a maioría delas non facía mais que repetir as composicións que xa tiña vistas. Isto e moi doado nestes sitios onde a imaxe imponse en canto chegas a eles. Nas últimas veces decidinme por unha en concreto, tentando tirar proveito da maruxía e o debuxo que fai a auga. Escollína por ser a que mais espazo deixa  para encher coas liñas da auga e transmitir  sensación de movemento. 
      O resto é cousa de probar ata acadar o debuxo que mais nos guste. Eso se a forza do refluxo non move o trípode e estraga moitas das imaxes sen te decatares. Sempre aprendendo.
(Premer para ampliar as imaxes)