Translate

martes, 20 de novembro de 2018

Mosaico.

      Co  outono chega o grande esepectáculo cromático a os bosques. O dificil neste caso é estar no momento xusto, especialmente cando conviven especies moi diferentes, un temporal pode levar as follas dunha especie, mentres que as de outra aínda estan verdes.   Este foi o meu intento.
       Feitas no val do río Pequeno no Courel.


 

sábado, 8 de setembro de 2018

Entre Ortegal e Bares IV. O Coitelo

     Esta é a escolma resultante de dous intentos de achegarme a esta rocha. Dous intentos fallidos por que non é a perspectiva que eu desexaba. Por moito que tratei de escoller as maiores baixamares e os momentos máis calmos na mar, non puiden ir máis aló.
    O que pretendía era conseguir una imaxe da rocha co  perfil lateral que se pode ver dende o alto do cantil. Terei que intentalo de novo.
     



domingo, 24 de xuño de 2018

Fervenzas de Somede

     Unha pequena andaina no concello das Pontes: nun curto tramo o rego dos campos baixa saltaricando e formando un fermoso espectáculo de fervenzas xunto  cos restos de varios muiños. Algún deles ainda se usa como mini central eléctrica.
 (Premer nas imaxes para ampliar)











sábado, 19 de maio de 2018

fervenzas do Cambás

      Hai un tempo fixen unha entrada con este título. Entón só subira imaxes da fervenza máis grande. Aproveitando a miña última visita ao lugar traio imaxes de tódolos saltos (algún máis hai, pero non é moi interesante). A última imaxe é da fervenza do Castro do Rodicio noutro rego distinto, que se xunta ao anterior un pouquiño máis abaixo. 
 (Premer para ampliar)









domingo, 25 de marzo de 2018

Fervenza de Teixedelo

    Esta é unha das poucas fervenzas que coñezo en Galicia que caen directamente ao mar. No fondo dos cantís da  Capelada baixo a aldea de Teixedelo, agochado nun recanto esgrevio, verte este regato ao que as chuvias do inverno volvéronlle dar  "folgos" para formar este cadoiro, máis fermoso aínda polo salvaxe do mar onde verte.
(Premer para ampliar)


 

mércores, 21 de febreiro de 2018

sábado, 27 de xaneiro de 2018

Temporal na Frouxeira

     Había ben tempo que non tiña ocasión de ir ver un temporal no mar. Nesta ocasión aproveitei para visitar uns dos meus lugares favoritos, e de moita xente( había máis camaras que nunha tenda de fotografía). E coma sempre non me defraudou. 
     O máis problemático nesta imaxe e acertar con balance de brancos, supoño que terei que mellorar o procesado por zonas deste axuste.