Translate

sábado, 17 de decembro de 2016

Despedindo o Outono

       Aproveitando a nevarada que caera uns días antes, tratei de captar as últimas cores do outono no val do rio Pequeno, contrastando co branco dos cumios da serra. Non é un espectaculo do que se poida gozar a miúdo, se ademais coincide cun ceo e unhas luces interesantes e unha desas ocasións que non se deben deixar pasar. 







domingo, 4 de decembro de 2016

Pola Beira do Sil

      Unha pequena camiñada pola zona de Amandi no outono, para gozar das cores rechamantes das vides nestas datas, e apreciar o duro traballo para quitar proveito delas nestas abas abruptas. (Premer para aumentar as imaxes)





domingo, 11 de setembro de 2016

Seres II

    Nas baixamares, agochados nos máis recónditos coídos, pódense albiscar as pantasmas de antigos seres que aínda moran na imaxinación.
(Premer para ampliar)

mércores, 29 de xuño de 2016

Tempo de flores

     Finais da primavera na montaña e tempo de frores.  Achegueime a este pequeno campo para ver como florecian os matos de erodium glandulosum e tratar de facerlles algunha fotografía, pero o vento era forte de máis para conseguir algun macro decente. Logo de choutar un pouquiño, pareime e decateime de que as nubes baixas deixaban pasar, de cando en vez, algunha raiola. Tocaba cambiar o obxectivo e aproveitar o momento.
(Premer nas imaxes para ampliar)



 

mércores, 8 de xuño de 2016

A Mexota

      Son moitas as veces que teño baixado a esta praia, a maioría delas non facía mais que repetir as composicións que xa tiña vistas. Isto e moi doado nestes sitios onde a imaxe imponse en canto chegas a eles. Nas últimas veces decidinme por unha en concreto, tentando tirar proveito da maruxía e o debuxo que fai a auga. Escollína por ser a que mais espazo deixa  para encher coas liñas da auga e transmitir  sensación de movemento. 
      O resto é cousa de probar ata acadar o debuxo que mais nos guste. Eso se a forza do refluxo non move o trípode e estraga moitas das imaxes sen te decatares. Sempre aprendendo.
(Premer para ampliar as imaxes)


mércores, 20 de abril de 2016

Chega a primavera

      Chega a primavera e empezan a abrollar as árbores. Nos vales dos rios das zonas a menor altitud empezanse a ver a cores rechamantes das primeiras follas. Agochadas  neses recantos sempre se pode atopar algunha fervenza que coas choivas destas datas luce os seus mellores veos.
     

Fervenza do Lexoso na Mariña. (Premer nas imaxes para ampliar)


domingo, 3 de abril de 2016

Impresións

    Cando saín este día a imaxe que tiña en mente era moi diferente da que ao final resultou. Supoño que esto pasa decotío.  Como a fotografía da paisaxe depende de que os elementos "encaixen" e nesta ocasíon o tempo non se prestou, tiven que cambiar de idea. O que se me ocurreu nese intre foi captar a sensación de soídade e friaxe que transmitía o lugar. Xogando coas formas tratei de simplificar a composición  Aínda así, pareciame que lle faltaba algo, e pensei en  captar o movemento, o que me levou a deixar que a imaxe fora cada vez mais difusa, ata chegar a última que non é  unha imaxe moi ortodoxa técnicamente pero que é, para mín, a que reflicte con máis forza a sensación que eu quería transmitir. Supoño que as veces esquecerse ou retorcer  a  técnica é o mellor camiño para acadar o que importa: unha imaxe interesante. Pero este camiño xa o teñen percorrido moitos antes...









mércores, 3 de febreiro de 2016

O movemento no mar

     Supoño que todos temos certas visións das nosas paisaxes ideais que tratamos de reflectir nas fotografías. A miña visión do mar é sempre a dun mar con forza e movemento, probablemente porque o que primeiro vivín e máis coñezo é o Cantábrico. Por iso, un dos meus tópicos é  buscar ca fotografia transmita esa sensación: ondas que rompen, as liñas do fluxo... Nestas imaxes da praia de Campelo aproveitei a forza das ondas nuns días nos que o nivel da area  permitía debuxar longos trazos.  
(Premer nas imaxes para ampliar)
 
Nikon D 600 16-35 fusión de 2 imaxes

Nikon D 600 16-35 fusión 3 imaxes recortada en panorámica

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Tres días de temporal na praia das Illas

       Despois dunhas semanas de temporal e como non me convencían as fotos que saíran destas sesións dediqueime a repasar o arquivo para comparar con outras que sacara en anteriores ocasións. A idea  era sempre a mesma: procurar  captar a forza do mar. Penso que estas tres imaxes da praia das Illas reflicten tres formas de expresar esa idea;  o caos do movemento, a forza das ondas rompendo nas rochas e a velocidade da agua que se achega.