O meandro do Selmo é unha
desas paraxes senlleiras que mesmo foi, hai uns anos, imaxe nos carteis
de turismo de Galicia. Situado na raia de Lugo e León no máis fondo do
Courel, o Selmo, tras esfragarse dende as alturas da serra e deixar
algunhas fermosas fervenzas, tórcese nunha curva que abre a paixase,
cousa non moi frecuente nestas terras de cumios e vales esgrevios. Para
min esta vista amosa a beleza dunha paisaxe natural fortemente influída
pola actividade humana. Extensas matogueiras, árbores de ribeira, soutos
de castiros... Por sorte, aínda no chegaron as plantacións de árbores
de cultivo que xa medran moi preto de aquí.
Nikon D600 20 mm. f 13. fusión de 2 imaxes |