Translate

venres, 8 de decembro de 2017

Santiorxo

     Esta é unha das vistas sobre o canón do Sil que máis me gusta. Esperei estas datas para aproveitar que o sol se pon nesa dirección, e a ter un pouco de sorte coa climatoloxía. 
     Quizáis o maior problema nestas imaxes de luz tan complicada, sexa que a fotografía se pareza ao que vemos, e se non é así polo menos que sexa crible, ou non... Iso xa é cousa de cada cal.
(Premer na imaxe para ampliar)

domingo, 24 de setembro de 2017

O percebe

     As veces, por mais que se trate de prever as condicións ideais para facer unha fotografía, o azar acaba por ser a parte mais importante do resultado final. Neste caso, nin a forza do mar, nin a altura da marea coincidiron exactamente co que eu esperaba. Por sorte, por un intre, as nubes deron en coller unha forma que para o meu gusto complementaba o resto de elementos da composición.




                                               (Premer na imaxe par ampliar)

sábado, 24 de xuño de 2017

Impresións de primavera

      O día que fixen estas fotos, a miña intención era captar as cores dos principios da primavera nun souto do Courel. Unha vez alí comencei  a tomar imaxes. Cando xa levaba feitas bastantes, comenzou a soprar algo de vento, e de súpeto ocorréuseme captar o movemento das ramas. Ao final, o que asi comenzara, rematou nun experimento, nada orixinal por certo, de abstracción. (Premer nas imaxes para ampliar)





mércores, 17 de maio de 2017

Primaveral

     De paseo polo campo e baixando os ollos ao chan, descubrimos pequenas marabillas privamerais.

 

venres, 17 de marzo de 2017

O inverno que remata

      Agora que está a piques de rematar o inverno, un inverno por certo ben seco e non moi frío, recupero unha imaxe que para mín ten un valor máis polo simbólico que polo espectacular do lugar. É un deses momentos de sorte no que acertas a estar. O lugar xa o tiña escollido e préstase para imaxes moi diferentes. Neste caso concreto, o contraste paréceume moi acaído para estes días nos que xa se  albisca a primavera.

 (Premer para ampliar a imaxe)

venres, 27 de xaneiro de 2017

Recantos privados

      Nestes tempos nos que a internet permítenos viaxar por todo o mundo nun clic,  é doado atopar fotos de calquera sitio por mais recóndito que nos pareza. Algúns lugares son xa tan coñecidos e visitados que se poden ver en moreas de imaxes e nalgúns casos centos de fotógrafos repiten a mesma imaxe con mellor ou  peor acerto, chegando a causar certo cansazo. 
      Atopar un lugar interesante é que non teñamos visto  noutras imaxes e unha pequena satisfacción aínda que para iso teñamos que dar moitas voltas e as veces arriscar un tanto no acceso. Este é un  deses lugares  aos que adoito ir de cando en vez, tratando de conseguir a imaxe  que teño na mente sin repetir outras fotografías xa moi vistas. 
 (Premer nas imaxes para ampliar)