Translate

luns, 3 de febreiro de 2014

Simplicidade

   Unha das primeiras cousas que facemos os afeccionados a fotografía, neste caso da paisaxe, é tratar de imitar as imaxes dos grandes fotógrafos que admiramos. É unha das formas de aprender e mellorar. Coa popularización da fotografía, actualmente é moi sinxelo ver moreas de fotos na rede das paisaxes senlleiras que, as máis das veces,  son repeticións das que outros  fotográfos xa fixeran. Todos queremos ver eses sitios e se podemos, captalos coa nosa cámara, pero sempre moi influidos polo que xa víramos e o que todo o mundo agarda ver.
    Outra forma de afrontar a fotografía da paisaxe é o que chaman "trasmitir a sensación de lugar": non tanto captar un lugar recoñecible e fermoso, senón trasmitir a sensación que ese lugar nos provoca ou mais sinxelamente, trasmitir unha sensación cunha imaxe o mais simple posible.

nikon d600 31mm f11, 1/60 ByN

Nikon d600 26mm,  f11, 1/80seg.

Ningún comentario:

Publicar un comentario